Bimares
CAMIÑO PORTUGUÉS, ETAPAS 5 y 6.
REDONDELA - PONTEVEDRA - CALDAS DE REIS


REGULAMENTO DA ACTIVIDADE
As rutas son de carácter non competitivo. Todos os participantes deberán aterse aos horarios previstos pola organización. En todo momento, a marcha irá encabezada e pechada por membros da organización, someténdose os participantes a esta norma e ás instrucións dos organizadores. Non se pode abandonar a proba sen comunicalo á organización.
A organización resérvase o dereito de modificar aquilo que considere oportuno, co fin de asegurar e garantir o mellor desenvolvemento da actividade. Unha vez finalizado o prazo de inscrición e/ou reserva o importe aboado non será devolto, salvo causa xustificada e aceptada pola organización. Todos os participantes e colaboradores na actividade considéranse como excursión persoal. Son responsables, en todos os aspectos que a lexislación vixente poida contemplar, dos seus actos e de calquera dano físico, psíquico ou moral que poidan sufrir, causarse ou causar a terceiras persoas ou a bens alleos.
Coa inscrición na actividade, o participante asume o coñecemento e aceptación do presente regulamento.





