Galego
1ª actividade do 2022 que nos levou por lugares e recunchos poucas veces visitados da Reserva Natural da Biosfera "Terras Do Mandeo".
Moitas grazas a todos os participantes, tanto aos habituais como aos novos amigos que van chegando en cada actividade.
Saímos de Betanzos para percorrer a ribeira esquerda do Mandeo ata "Os Caneiros", lugar onde se celebra a famosa festa rivereña de Betanzos. Chegados ao Rego de Mainzoso, afluente do Mandeo, subimos o primeiro augas arriba gozando cada recuncho, fervenza e restos de muíños, non sen certa dose de dificultade. Por fín terminamos esta primeira subida do día en Vilamourel. Chegados a Medín, aproveitamos a súa área de lecer para o xantar de media mañá.
A partir de aquí baixada ata O Bocelo, onde nos reencontramos co Mandeo. Percorrémolo augas abaixo, pasando polas ruínas do vello balneario. Cruzamos a ponte á rivera esquerda por onde continuamos augas abaixo ata preto do Centro de Interpretación de Chelo. E aí espéranos o esforzo final. A esixente subida á Espenuca, onde coroamos tocando a campá xunto ao vértice xeodésico, e visitando a súa antiga e preciosa igrexa del s.XII.
Castellano
1ª actividad del 2022 que nos llevó por lugares y rincones pocas veces visitados de la Reserva Natural de la Biosfera "Terras Del Mandeo".
Muchas gracias a todos los participantes, tanto a los habituales como a los nuevos amigos que van llegando en cada actividad.
Salimos de Betanzos para recorrer la ribera izquierda del Mandeo hasta "Los Caneiros", lugar donde se celebra la famosa fiesta rivereña de Betanzos. Llegados al Rego de Mainzoso, afluente del Mandeo, subimos el primero aguas arriba disfrutando cada rincón, cascada y restos de molinos, no sin cierta dosis de dificultad. Por fín terminamos esta primera subida del día en Vilamourel. Llegados la Medí, aprovechamos su área de ocio para almorzarlo de media mañana.
A partir de aquí bajada hasta El Bocelo, donde nos reencontramos con el Mandeo. Lo recorrimos aguas abajo, pasando por las ruinas del viejo balneario. Cruzamos el puente a la rivera izquierda por donde continuamos aguas abajo hasta cerca del Centro de Interpretación de Chelo. Y ahí los esperan el esfuerzo final. La exigente subida a la Espenuca, donde coronamos tocando la campana junto al vértice xeodésico, y visitando su antigua y preciosa iglesia de él s. XII.