Galego
O sábado 17 de setembro de 2022 celebramos unha nova andaina, esta vez pola zona de Neda, para percorrer parte dos ríos Belelle, Castro e Xubia. Non podemos estar máis agradecidos a todos os rexistrados pola súa participación con Bimares, o bo ambiente xerado, o esforzo realizado, e a excelente predisposición xeral ao bo desenvolvemento da actividade.
Iniciamos a andaina na igrexa de Santa María de Neda, para percorrer o carreiro do Belelle augas arriba, ata a fervenza.
Desde aí subimos cara a Viladonelle, pasando polo miradoiro da fervenza, para chegar á igrexa de Viladonelle, onde paramos para recuperar forzas e facer o tentempié de media mañá.
Desde aí por diversos camiños fomos cara a Anca, para atoparnos co rio Castro na Aldea Tortos. Pasamos pola ponte románica de Pielas e continuamos polo carreiro do río ata o Area Recreativa de Pedroso, onde paramos ao xantar.
Tras a comida, pegadiños ao Xubia polo roteiro dos muíños, chegamos ao muíño de marea de Xubia. Continuamos pola marxe dereita da ría de Ferrol para cruzar a Neda pola moderna pasarela Xubia-Neda. Xa, desde aquí, un intre máis xunto á ría para finalizar onde comezamos.
Castellano
El sábado 17 de septiembre de 2022 celebramos una nueva andaina, esta vez por la zona de Neda, para recorrer parte de los ríos Belelle, Castro y Xubia. No podemos estar más agradecidos a todos los inscritos por su participación con Bimares, el buen ambiente generado, el esfuerzo realizado, y la excelente predisposición general al buen desarrollo de la actividad.
Iniciamos la andaina en la iglesia de Santa María de Neda, para recorrer el sendero del Belelle aguas arriba, hasta la ferbenza.
Desde ahí subimos hacia Viladonelle, pasando por el mirador de la ferbenza, para llegar a la iglesia de Viladonelle, donde paramos para recuperar fuerzas y hacer el tentempié de media mañana.
Desde ahí por diversos caminos fuimos hacia Anca, para encontrarnos con el rio Castro en la Aldea Tortos. Pasamos por el puente románico de Pielas y continuamos por el sendero del río hasta el Area Recreativa de Pedroso, donde paramos a comer.
Tras la comida, pegaditos al Xubia por la ruta de los molinos, llegamos al molino de marea de Xubia. Continuamos por la margen derecha de la ría de Ferrol para cruzar a Neda por la moderna pasarela Xubia-Neda. Ya, desde aquí, un rato más junto a la ría para finalizar donde comenzamos.